+34 986 11 56 57 info@comunicame.es

 

Mantemento informático

Confía na profesionalidade e na longa experiencia do noso persoal especializado no mantemento e conservación de equipos. Ofrecémosche a posibilidade de contratar o noso Servizo de Mantemento que se axusta ás túas necesidades e che posibilita un aforro de custos de reparación e unha maior rapidez na atención do servizo posvenda.


 

 

 

Instalación de redes e cableado

Contamos con persoal cualificado para deseñar e instalar as túas redes locais e despregar todo o cableado necesario para a túa empresa.


Periféricos e consumibles

Dispoñemos dunha excelente selección de periféricos e consumibles de todos os prezos para poder ofrecerche á vez calidade e prezos axustados. Multifuncionais, impresoras, fax, teclados, ratos, webcams…


Alugueres

Se necesitas alugar un equipo informático ou un equipo de imaxe, non dubides en chamarnos. Alugamos aulas informáticas enteiras. Proxectores para eventos. Televisores para congresos ou cursos… Solicítanos un presuposto sen compromiso indicándonos o material que necesitas e durante canto tempo o vas utilizar.


Servizo técnico

O noso equipo técnico informático repara, amplía e mellora calquera equipo informático: portátiles, sobremesas, pantallas, impresoras e redes.

Servizo no noso propio taller ou no domicilio da empresa ou particular, adaptamos as nosas tarifas aos tempos e coñecementos requiridos para cada caso.

Ofrecemos servizos especiais para centros educativos e asistencia continua telefónica e por email.

Contamos cun avanzado sistema informático co que podemos informarte en todo momento do estado do teu servizo.

O teu aliado de confianza

Somos unha empresa innovadora de servizos tecnolóxicos integrais. Temos como meta conseguir a excelencia nos nosos servizos.

Os nosos productos

Poñemos á túa disposición a máis ampla variedade de produtos. Axudámoste a encontrar a mellor calidade prezo para as túas necesidades. Garantido!

Coidamos os teus equipos

Confía na profesionalidade e na longa experiencia do noso persoal especializado no mantemento e conservación de equipos.

O xusto e necesario

O noso compromiso é o asesoramento nas necesidades xustas e necesarias, confiando en que sempre serán de grande axuda, tento no seu traballo como nos momentos de ocio.

Facebook