+34 986 11 56 57 info@comunicame.es
Empresa

Somos unha empresa innovadora de servizos informáticos integrais. Temos como meta conseguir que todas e cada unha das persoas que solicitan os nosos servizos queden satisfeitas co noso traballo. Para iso, contamos con acreditada experiencia, cun equipo técnico capaz de adaptarse ás necesidades de cada proxecto e cunha alta competitividade en servizo, en calidade e en prezo.

A nosa filosofía consiste en simplificar no posible a tecnoloxía para que sexa unha ferramenta realmente útil ao servizo das persoas.

Empresarialmente, centrámonos na satisfacción e fidelización de clientes, ofrecendo un servizo eficiente que garanta plenamente as túas expectativas.

Contamos cun equipo profesional que te asesorará sobre o produto que máis se adapta ás túas necesidades e preferencias.

O noso obxectivo é proporcionarche un servizo integral de calidade ao menor custo posible.

Productos

Contamos con todo tipo de equipos informáticos para cubrir as túas necesidades, dende equipos de sobremesa a portátiles, pasando por servidores, tablets e smartphones. Sen esquecer todo tipo de periféricos e hardware de rede.

Cada un deles pode admitir distintas configuracións segundo os requisitos que nos formules, o que permite que poidas axustar o teu presuposto en tecnoloxía sen por iso perder prestacións.

Garantía

Contamos cun equipo profesional para a atención a clientes: persoal técnico para reparacións e un equipo comercial formado por especialistas.

Non só vendemos, tamén reparamos, preocupámonos por nuestra@s clientes e polos produtos que distribuímos, non queremos que só os nosos prezos te resulten atractivos, senón que a calidade dos nosos produtos e servizo sexan satisfactorios. Todos os equipos que poñemos á túa disposición contan cunha garantía de 2 anos e a opción de gozar de servizo in-situ para reparacións.

Pablo Armenteros Cuetos